Evento: Teatro dos vieiros

Teatro dos vieiros
sábado, 4 novembro, 2023 - 18:00
Auditorio Municipal Manuel María,
O Carballiño
Espectáculo de música a cargo de Xoan Curiel

Xoán Curiel e Charo Pita representan aos traballadores dun teatro. Os espectadores que os acompañan desde as butacas esperan asistir a unha obra. Máis a aparición dun furacán no camiño fae que o actor e actriz que debían protagonizar dita obra non den chegado a tempo! A voz en off que presenta o espectáculo, suxire que os dous traballadores do teatro, boten man do seu inxenio e improvisen o espectáculo para tranquilizar ao público. 

Teatro dos vieiros é unha fresca comedia, con teatro,narración oral, música en directo e interacción co público asistente que nos leva a outras épocas e lugares e que referencia ademáis a vida e o universo de Carvalho Calero. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra