Evento: Teatro dos vieiros
Teatro dos vieiros
Teatro dos vieiros
Espectáculo de música a cargo de Xoan Curiel e Charo Pita
Xoán Curiel e Charo Pita representan aos traballadores dun teatro. Os espectadores que os acompañan desde as butacas esperan asistir a unha obra. Máis a aparición dun furacán no camiño fae que o actor e actriz que debían protagonizar dita obra non den chegado a tempo! A voz en off que presenta o espectáculo, suxire que os dous traballadores do teatro, boten man do seu inxenio e improvisen o espectáculo para tranquilizar ao público.
Teatro dos vieiros é unha fresca comedia, con teatro,narración oral, música en directo e interacción co público asistente que nos leva a outras épocas e lugares e que referencia ademáis a vida e o universo de Carvalho Calero.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
5 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
5 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
6 de novembro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
