Evento: Concerto da Coral Polifónica de Pontevedra
Concerto da Coral Polifónica de Pontevedra
Alfonso D. Rodríguez Castelao, Branco Porto, Iglesias Vilarelle ou Losada Diéguez xuntáronse polo ano 1925 para fundar a Sociedade Coral Polifónica, que ofrecía o seu primeiro concerto público o 9 de abril aproveitando a celebración do Xoves Santo na igrexa conventual de San Francisco.
Este concerto da Coral Polifónica dedícase a todas aquelas persoas que, durante estas décadas, colaboraron con esta agrupación con especial atención á figura de Xosé Filgueira Valverde, intelectual ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015. Filgueira Valverde presidiu a Sociedade Coral Polifónica entre 1978 e 1996.
A entrada será libre ata completar o aforamento da Igrexa de San Francisco.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.



