Evento: Obradoiro “Crea o teu propio cómic!”

Obradoiro “Crea o teu propio cómic!”
luns, 23 outubro, 2023 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro “Crea o teu propio cómic!”

A cargo de ANIAS

Este obradoiro creativo está dirixido a nenas e nenos que teñen interese pola arte da banda deseñada e o debuxo de historietas. As pequenas e pequenos participantes aprenderán a crear dende cero: deseñarán, debuxarán e rotularán unha historieta utilizando diferentes técnicas sinxelas.

Na sala infantil.

Para 12 nenas e nenos de 7 a 12 anos.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Atando cabos. Nós mariñeiros
14 de agosto
Museo Massó
cartel_260817_triacastela
Fotoconto
17 de agosto
Praza do Concello
EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 18 de agosto
18 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense