Evento: Obradoiro "DevoraContos: o meu caderno de lectura"

Obradoiro "DevoraContos: o meu caderno de lectura"
mércores, 20 setembro, 2023 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro "DevoraContos: o meu caderno de lectura"

A cargo de O Faiado de Nin

Neste obradoiro entregaráselles un caderno ás nenas e nenos participantes e o personalizarán de maneira que poidan dedicalo a escribir os títulos dos libros que van lendo, os que lles gustaría ler, libros que se poden recomendar entre amigas e amigos, frases que lles gustan ou personaxes que lles chaman a atención, debuxalos, ou escribir as súas propias historias. No caderno tamén poderán incluír datas relevantes a destacar no mundo das letras ou a súa axenda de actividades.

No salón de actos. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador da biblioteca desde 30 min antes do comezo da actividade.

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 28
28 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de creación de mensaxes secretas dedicado a Siro López
30 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de ilustración científica
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Dicionario de espellos
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense