Evento: Obradoiro de Samaín

Obradoiro de Samaín
venres, 30 outubro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Obradoiro de Samaín

A cargo de Cucarandainas

O mundo vólvese terroríficamente divertido na biblioteca!

Antes de que caia a noite e as bruxas e as pantasmas invadan a biblioteca, os nenos e as nenas poderán participar neste obradoiro creativo de Samaín, creando un espazo de creatividade, onde poñer en práctica as súa imaxinación dando forma a diferentes propostas, todas elas monstruosamente divertidas.

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 22 de outubro ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Personaxes máxicos do Samaín
28 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal