Evento: A colección de programas de man cinematográficos

A colección de programas de man cinematográficos
luns, 31 xullo, 2023 a domingo, 31 decembro, 2023
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

A colección de programas de man cinematográficos

Unha achega a un fondo do museo interesante e descoñecido, relacionado co cinema

A colección do Museo Etnolóxico divúlgase tamén en redes sociais, co epígrafe xenérico de “Descubrindo a colección do Museo Etnolóxico”. Nesta ocasión, en lugar dunha peza destacada, escolleron toda unha colección.

Ao través dun vídeo que se publica nas redes sociais, o Museo presenta unha achega ao consumo de cinema na comarca do Ribeiro, ao través dunha colección de programas de man que forman parte do legado Meruéndano depositado no Museo.

Os programas de man representaron a ferramenta de publicidade da que dispuñan as salas de proxección, moi lonxe das formas de consumo audiovisuais actuais. Son pezas que nos achegan á historia e á cultura dunha época, e que nos permiten un maior coñecemento da sociedade e do lecer.

Esta é a ligazón do vídeo sobre a colección de programas de man 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Orgullos@s!
23 de xuño a 7 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense