Evento: Sofia Casanova Lutoslawski

Sofia Casanova Lutoslawski
xoves, 22 xuño, 2023 - 16:30
Rúa Nova,
Santiago de Compostela

Sofia Casanova Lutoslawski

Sesión monográfica da gran xornalista Sofía Casanova, organizada pola Asociación de Periodistas de Santiago

A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
Organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), participarán especialistas e investigadores da súa extensa obra bibliográfica e xornalística como a súa biógrafa Rosario Martínez, a profesora da Universidade de Cracovia Maria Filipówicz-Rudek ou a descendente de Sofia, Joanna Kujawisnska. Rematará a xornada coa proxección da película A outra Galicia, de Marcos Gallego, baseada na chamada “Galicia polaca” onde maiormente residiu Sofia coa súa familia eslava.
Texto, Carta</p>
<p>Descripción generada automáticamenteNomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926, Sofía Casanova foi a primeira española correspondente dun diario no estranxeiro e realizou máis de trinta viaxes por Europa. Os seus escritos foron publicados no diario ABC e en numerosas publicacións galegas da época. Da súa faceta xornalística destacan a entrevista a Leon Trotski no San Petersburgo revolucionario de 1917 e a crónica da morte de Rasputin. Membro de honra da Real Academia Galega, escribiu ducias de libros, obras de teatro, traducións e diversos poemarios.
Escala de tiempo</p>
<p>Descripción generada automáticamente con confianza bajaParalelamente a este acto de homenaxe, o CiPG ten ao público ata o día 5 de xullo unha exposición en recoñecemento ás precursoras galegas da comunicación con xornalistas como a propia Sofia Casanova, Mariluz Moralesou Concha Castroviejo, e destacas escritoras de gran relevo público como Filomena Dato, Emilia Pardo Bazán ou Avelina Valladares, entre outras.
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola