Evento: As que máis molan da gramola

As que máis molan da gramola
venres, 1 marzo, 2024 - 19:00
Teatro Municipal de Tui,
Tui

As que máis molan da gramola

Espectáculo de música a cargo de A gramola Gominola

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, banda de Guadi Galego, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz  (S4N7, Nebra, Wealman). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man! Poderemos gozar da selección das mellores cancións rockeiras da súa carreira, celebrar con cada baile, rir co seu humor e corear os seus retrousos máis coñecidos: “He ho let’s go”, “Carmela, non hai coma ela!”, “Campión internacional” e escoitar outros temas como “A Lebre Chouteira”, “A avoa Fina” ou “Un ollo de vidro”.

GORXAS, CORNOS e CRISTAS PREPARADAS!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A metamorfose
22 de novembro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
As que limpan
22 de novembro, 20:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Sophie non é o meu nome de guerra
22 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
22 de novembro, 20:30
Auditorio Casa da Cultura - Vimianzo - A Coruña