Evento: Cubo
Cubo
Cubo
Espectáculo infantil de Elefante Elegante
Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.
Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?
Máis eventos do ciclo FalaRedes

25 de setembro a 1 de outubro
Paseo Avenida de Ourense (diante do Concello) - Marín - Pontevedra

2 de outubro a 8 de outubro
Alameda - Redondela - Pontevedra