Evento: Tattoo Expo Santiago

Tattoo Expo Santiago
venres, 9 xuño, 2023 a domingo, 11 xuño, 2023
Praza de Europa,
Santiago de Compostela

Tattoo Expo Santiago

Área Central acollerá os días 9, 10 e 11 de xuño a segunda edición de Tattoo Expo Santiago, unha convención do mundo da tatuaxe que reunirá os tres días a máis de cincuenta tatuadores e anilladores procedentes ...

Área Central acollerá os días 9, 10 e 11 de xuño a segunda edición de Tattoo Expo Santiago, unha convención do mundo da tatuaxe que reunirá os tres días a máis de cincuenta tatuadores e anilladores procedentes de diferentes puntos de Galicia, así como doutros lugares de España e Portugal.
A convención contará coas casetas dos estudos participantes, nos que se realizarán tatuaxes e piercings e atenderanse consultas de asesoramento. Hai que destacar tamén a presenza dunha caseta de venda de piercings de xoiería de titanio. Dentro da propia convención, haberá un concurso de tatuaxes para que os propios tatuadores presenten os traballos realizados durante os tres días da convención. O último día elixirase o gañador da convención.
Tras a boa acollida que tivo o evento o ano pasado, a organización, encabezada por Miguel Rúa, busca que estas tres xornadas sexan unha “auténtica festa da tatuaxe en Galicia”, ademais dun punto de encontro dos profesionais, quen intercambiará coñecementos. As casetas dos participantes estarán distribuídos pola esquina amarela de Área Central.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo
Toponimízate 2026
25 de agosto
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel