Evento: Unha poética do espazo. A revolución do Super 8 no cinema arxentino

Unha poética do espazo. A revolución do Super 8 no cinema arxentino
domingo, 28 maio, 2023 - 11:30
Numax,
Santiago de Compostela

Unha poética do espazo. A revolución do Super 8 no cinema arxentino

Conferencia do profesor, crítico e cineasta arxentino Pablo Marín.

O vindeiro encontro A cor das palabras que organizamos co Concello de Santiago trae á nosa cidade a un dos maiores expertos en cinema arxentino: Pablo Marín. O profesor, crítico e cineasta afondará na revolución que supuxo o xurdimento do formato Super 8 na creación amateur e experimental a partir dos anos 60. A aula terá lugar o domingo 28 de maio ás 11:30 e xa se pode reservar praza.

A segunda cita do ano co encontro A cor das palabras achegaranos a un episodio da historia do cinema situado nas marxes da industria e os sistemas hexemónicos de produción e exhibición de películas. O profesor, crítico e cineasta porteño Pablo Marín propón unha aproximación á creación experimental arxentina a partir das profundas mutacións creativas que supuxo a proliferación do formato Super 8.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas