Evento: Expomundo das abellas

Expomundo das abellas
martes, 2 maio, 2023 a mércores, 31 maio, 2023
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Expomundo das abellas

Organizada por Máisquemel

Durante o mes de maio o vestíbulo da biblioteca ten unha exposición sobre o mundo das abellas para así divulgar o Día Mundial da Abella que celebraremos o día 20. 

Expomundo das abellas é unha exposición que presenta contidos para todas as idades e intereses: Os Bolechas e Máisquemel; Da Flor á Mesa, historia dunha pinga de mel e O panal: A matemática na vida das abellas.

Ademais, Máisquemel ofrece visitas guiadas para grupos á exposición. Para solicitar máis información e facer a reserva previa pódese escribir a info@maisquemel.gal. A actividade é de balde con confirmación previa.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona