Evento: Educar aredor dunha mesa: Juan Llorca

Educar aredor dunha mesa: Juan Llorca
sábado, 25 marzo, 2023 - 11:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Educar aredor dunha mesa: Juan Llorca

Conferencia do chef Juan Llorca.

A alimentación infantil pode ser moito máis sinxela de entender do que nos parece, se sabemos discernir de todo o ruído de fóra, o realmente correcto.

Todo pasa por sentarnos ao redor dunha mesa, compartir ese momento, enfocarnos no realmente importante e gozar. Para iso falaremos do realmente importante, deixando de lado o que nos sobra e aprendemos de forma fácil e rápida a elaborar un menú para toda a familia. Non deixaremos de lado a importancia do exercicio físico.

JUAN LLORCA é un chef con vinte e cinco anos de experiencia entre fogóns e un apaixonado da nutrición e a alimentación infantil. Chef Km0, co selo Slow Food, é defensor dunha alimentación natural e de tempada. Responsable de alimentación da Valencia Montessori School, é tamén conferenciante e colaborador en diferentes movementos, asociacións, empresas privadas e organismos oficiais, así como embaixador de Proxecto Xuntos, asociación que loita contra o cancro infantil. En 2020 foi galardoado cunha mención especial no premio Basque Culinary World Prize 2020 pola súa contribución á sociedade en tempos de pandemia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
25 de setembro
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel
Toponimízate 2026
2 de outubro
Mercado das Neves
Toponimízate 2026
9 de outubro
Casa da Cultura
Portada da publicación da Peza do Mes de setembro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Neno sentado, de Antonio Faílde
1 de setembro a 30 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense