Evento: Clásicas Desfeitas vol.7 e 8: Canta más luz, máis sombra

Clásicas Desfeitas vol.7 e 8: Canta más luz, máis sombra
xoves, 23 marzo, 2023 - 20:30
Edificio Fontán,
Santiago de Compostela

Clásicas Desfeitas vol.7 e 8: Canta más luz, máis sombra

Espectáculo de música e escena.

Sor Juana Inés da Cruz e Rosalía de Castro, figuras fundacionais das literaturas mexicana e galega, protagonizan os volumes 7 e 8 do ciclo Clásicas Desfeitas. Canta máis luz, máis sombra é o título deste díptico que se constrúe a partir do diálogo cruzado entre o Centro Dramático Galego (CDG) e a Compañía Nacional de Teatro de México (CNT). Ambas as producións desenvólvense dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás REGA23.

Aurora Cano, directora artística da CNT, levará a escena a súa interpretación contemporánea sobre os textos da poeta de Padrón cun elenco de artistas de Galicia. Pola súa banda, o director do CDG, Fran Núñez será o encargado de conducir sobre o escenario ás actrices e actores da compañía mexicana para traer ao século XXI o legado literario de sor Juana Inés, unha das figuras máis destacadas das letras hispanoamericanas do século XVII.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela