Evento: Visitas guiadas "Picasso branco no recordo azul"

  • Visitas guiadas "Picasso branco no recordo azul"
Visitas guiadas "Picasso branco no recordo azul"
martes, 11 abril, 2023 a sábado, 24 xuño, 2023
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Visitas guiadas "Picasso branco no recordo azul"

Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

11.04.2023-24.06.2023

Tipo:

Visitas

Organiza:

Museo de Belas Artes da Coruña

Público:

Xeral

Prazas:

20

Lugar:

Museo de Belas Artes da Coruña

A exposición Picasso branco no recordo azul. A Coruña 2023 será unha oportunidade única para que o público se achegue á obra de Pablo Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Esta mostra analiza como a etapa coruñesa foi transcendente no seu futuro e como foi esencial nos temas e iconografías de etapas posteriores.

A visita constará na explicación dos contidos da mostra, a través das diferentes seccións propostas polos comisarios: Academia e clasicismo, realismo, paisaxe, caricaturas, retrato, cubismo, grandes mestres, mosqueteiros e o pintor e a súa modelo.

Datas: do 11 de abril ao 24 de xuño

 

Horario:

  • GRUPOS E ASOCIACIÓNS: De martes a venres ás 17:30 e 18:30 (previa reserva). Para visitas en horario de mañá contactar co museo.
  • VISITA PÚBLICO XERAL: Venres e sábados, ás 18:30h (con reserva de praza)

A visita ten unha hora de duración, e os grupos están limitados a un máximo de 20 persoas.

Todas as visitas son gratuítas previa inscrición no correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Coñece a Biblioteca
15 de xaneiro a 30 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola