Evento: Fuxan os ventos, 50 anos de historia. 1972-2022

Fuxan os ventos, 50 anos de historia. 1972-2022
martes, 14 marzo, 2023 a xoves, 25 maio, 2023
Rúa do Vilar, 19,
Santiago de Compostela

Fuxan os ventos, 50 anos de historia. 1972-2022

Despois de 50 anos de música, o grupo FUXAN OS VENTOS presenta en Compostela, e da man de Afundación, unha mostra coa que percorrer estas cinco décadas de historia dunha das grandes agrupacións da cultura gale...

En 1972, no III Festival das San Lucas de Mondoñedo, Fuxan os Ventos daba comezo a unha traxectoria musical que se definiría cunha fórmula propia: conxugar a música tradicional coa defensa do país.
Despois de 50 anos, activamos a memoria para lembrar unha das agrupación máis emblemáticas da música galega a través do seu arquivo persoal. Percorremos a súa historia por primera vez a través dunha variedade de formatos (audios inéditos, fotografías, documentos, prensa...) que nos permiten comprender a súa progresión e de que forma tomaron partido pola cultura popular. A exposición conta coa participación activa dos e das protagonistas, un conxunto de singularidades que compón un calidoscopio a partir dos recordos, aprendizaxes e experiencias froito desa viaxe continua de ida e volta co pobo. O ambiente reivindicativo e a vinculación ao rural marcaron o carácter do grupo, que foi capaz de chegar a públicos diferentes e de se converter en referencia para varias xeracións. Desde os inicios, a súa aposta política por dignificar a lingua do país e o imaxinario galego nos escenarios xerou un sentimento de colectividade moi forte, falando dunha «Galiza que se mantén en pé e latexa coa forza dun mundo novo».
Esta mostra pretende ser un camiño polo contexto e polo universo creativo que caracteriza a Fuxan os Ventos, seguindo o legado que o propio conxunto nos deixa: a conservación e a divulgación do noso patrimonio recoñecendo a todas aguelas persoas que sempre mantiveron a cultura viva e confiaron nas posibilidades emancipadoras da arte.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións