Evento: Festa da Lamprea seca

Festa da Lamprea seca
sábado, 12 agosto, 2023 a domingo, 13 agosto, 2023
Arbo,
Arbo

Festa da Lamprea seca

Festa de Interés Turístico.

Lamprea todo o ano...

Na primeira quincena de agosto, a aldea de Arbo convértese na Capital Mundial da Lamprea, un produto que ao longo da historia cativou selectos padais como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Castro Viejo

A Festa da Lamprea Seca celébrase a segunda fin de semana de agosto na xa tradicional "Carballeira de Turbela".

Durante todo o día pódese degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades: asada, empanada, rechea, con fideos... acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas que tamén contan cun stand, ao tempo que gozan das distintas actividades que propician un ambiente festivo apto para todos os públicos.

Entre as actividades que se desenvolven ao longo desta xornada destacan a Festa da Bicicleta, a Andaina da Lamprea Seca, a feira de artesanía e antigüidades, a actuación dos nosos recoñecidos grupos folclóricos, charangas... e como fin de festa, o Festival de Cantos de Taberna, que o ano pasado na súa primeira edición recibiu unha grande acollida e recoñecemento. Iso si, non podes perder a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea "Arabo", situado fronte ao recinto, que permitirá a veciños e foráneos coñecer mellor os nosos principais sinais de identificación.

A primeira Festa da lamprea seca tivo lugar no ano 1996 co obxectivo de continuar coa promoción desta delicia gastronómica, pondo en valor estes outros xeitos de preparar a lamprea fóra de tempada, que permite, deste xeito, degustala ao longo ano.

Álvaro Cunqueiro, no seu artigo publicado en abril de 1975, con motivo da XV Festa da Lamprea, quen, ao non poder ir a Arbo a degustar a lamprea, dicía: «E quedo sen Arbo, sen a súa cordial xente, sen os amigos que van facer a festa da lamprea e con quen querería falar e comer ao seu carón...Porque estar en Arbo na Fesa da Lamprea, é estar nunha festa.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Boi
25 de maio a 2 de xuño
Varios espacios
Corpus Christi
1 de xuño a 3 de xuño
Varios espazos
Festa das Alfombras Florais de Bueu
2 de xuño
varios espazos