Evento: Barquiño de pau

Barquiño de pau
martes, 28 marzo, 2023 - 17:00
Centro Ágora,
A Coruña

Barquiño de pau

Espectáculo infantil.

Soprando a buguina, comezará a nosa viaxe nun barquiño de pau.Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. Mesmo daremos unha volta por debaixo do mar.

Barquiño de pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para explorar os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma as do papel, da tea, das esponxas naturais.

Música ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas. Brincaremos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mystic Fire
28 de agosto
Praza da Constitución
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
30 de agosto
Praza dos Barcos
Danza 3 | O Fiadeiro
12 de setembro
Praza de Bugallal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
20 de setembro
Praza do Concello