Evento: Exposición de pintura de Carla Viso
Exposición de pintura de Carla Viso
mércores, 15 marzo, 2023 a sábado, 15 abril, 2023
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Exposición de pintura de Carla Viso
Durante un mes contaremos coas obras da artista viguesa Carla Viso, nas que amosa a súa percepción do mundo, a súa mirada. A autora de orixe viguesa, despois de formarse en Belas Artes en madrid, percorreu varios países ata que se instalou durante anos en Berlín.
Podedes gozar das súas obras no vestíbulo da Biblioteca. O sábado 15 de abril, Día Mundial da Arte teremos un encontro con ela ás 12.00 h .
Máis eventos de tipo Exposición



