Evento: Manuel Murguía (1833-1923), o primeiro construtor da nación
Manuel Murguía (1833-1923), o primeiro construtor da nación
mércores, 1 marzo, 2023 a xoves, 8 xuño, 2023
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Manuel Murguía (1833-1923), o primeiro construtor da nación
Centenario do seu pasamento
Lugar: primeira planta
Este ano 2023 conmemóranse os 100 anos do pasamento do escritor, xornalista e creador da Real Academia Galega.
Na Biblioteca aproveitamos a ocasión para elaborar unha exposición coa que se pretende dar a coñecer unha figura relevante do Rexurdimento.
A exposición poderá visitarse no horario de apertura da Biblioteca, de luns a venres de 8:30 a 20:30 e os sábados de 10:00 a 14:00.
Máis eventos de tipo Exposición



