Evento: Cataratas del paraíso

Cataratas del paraíso
venres, 3 febreiro, 2023 - 21:30
La Fábrica de Chocolate Club,
Vigo

Cataratas del paraíso

Concerto do grupo Maryland

A banda galega volveuno a facer, despois de lanzar o seu "Resplandor" (Subterfuge, 2018) volven cun disco que atesta autenticidade, sensibilidade e a enerxía que lles caracteriza. Foron capaces de construír en once cancións unha auténtica montaña rusa de emocións onde os ingredientes básicos son as melodías pegadizas e unhas letras honestas e sinceras.

O disco foi gravado nos Estudos Planta Sónica de Vigo baixo os mandos de Pancho Suárez de Lis e mesturado e masterizado por Santi García e Víctor García nos Ultramarinos.

"Queríamos crear un disco dos que fose difícil distinguir unha single bandeira, como os discos que escoitabamos nos noventa que non daban tregua de principio a fin, onde as cancións nos levasen de viaxe cara a esas Cataratas do Paraíso cobizadas. Unha viaxe que realizan tres protagonistas importantes para nós e que a través das cancións que compoñen o disco nos fan ser partícipes dese traxecto tan especial ata chegar a ese paraíso."

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Leria
17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
French Riviera
24 de maio, 18:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
Ukestra do medio
24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
MJ Pérez
24 de maio, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra