Patrimonio: A RIBEIRA SACRA, PAISAXE CULTURAL

A RIBEIRA SACRA, PAISAXE CULTURAL

Camiño da declaración de ben de interese cultural

Os canóns do Sil e do Miño, as muras, terrazas, poxadas ou socalcos; os mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Sil e de San Pedro de Rocas, as videiras, a ponte do Bibei, as explotacións mineiras de Montefurado, os petróglifos, as adegas, os muíños do Xabrega, o crismón da Ermida, pero tamén a olaría tradicional, o Entroido ribeirao, as festas de fachas e fachós...

Ler máis

Estes son algúns dos piares nos que se asenta o valor único da Ribeira Sacra, resultado de milleiros de anos de adaptación paciente e resiliencia activa de xeracións de mulleres e de homes a un territorio singular.

A Ribeira Sacra é un territorio intensamente vivido e construído desde a orixe da memoria ata hoxe; unha paisaxe representativa dos valores esenciais da identidade do pobo galego, que constitúe ao mesmo tempo un exemplo significativo de valor universal.

Para recoñecer a súa riqueza cultural sobranceira e para garantir a súa conservación, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incoou a Ribeira Sacra como ben de interese cultural coa categoría de paisaxe cultural. Este primeiro paso supón, ademais, avanzar no camiño cara a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO deste territorio de valor excepcional.

Coa incoación do procedemento ábrese un período de tres meses de participación pública, ata o 30 de marzo de 2017, co fin de que se poida nutrir e enriquecer os seus contidos e mesmo axudar a unha mellor precisión e un máis axeitado recoñecemento dos seus valores.

  • Canóns do Sil. . Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Canóns do Sil
  • Montefurado. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Montefurado
  • Igrexa de Santa María de Nogueiras. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Igrexa de Santa María de Nogueiras
  • Chouzán. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Chouzán
  • Canóns do Sil. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Canóns do Sil
  • San Pedro de Rocas. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón San Pedro de Rocas
  • Canóns do Sil. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Canóns do Sil
  • Barxacoba. Fragmento dunha imaxe de Mani Moretón Barxacoba