Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020

Dedicado a Cándido Fernández Mazas

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista de 2020 é Cándido Fernández Mazas (1902-1942). Incluído pola crítica no grupo "Os Novos" (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro e Manuel Torres Martínez), ten influencias do fauvismo, da art decó e, en especial, do pintor Amedeo Modigliani.

Ler máis

 

O cartel da edición deste 2020 foi elaborado por Xulia Pisón, ilustradora e autora de cómics e membro do colectivo de ilustradores Miñoco co que participou en varias exposicións.

 

Para homenaxear a Cándido Fernández Mazas, a Biblioteca de Galicia organiza a exposición 'Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera', que se poderá visitar no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia entre o 30 de xaneiro ata o 10 de maio.

 

Ademais, as bibliotecas públicas galegas conmemoran esta efeméride cun completo programa de actividades en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; e en Allariz organizan o IV festival Allariz debuxado

 

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Máis información en la web www.diadailustracion.gal.

 

 

 

  • Programa de actividades Día da Ilustración 2020. Autora Xulia Pisón Programa de actividades Día da Ilustración 2020
  • Cartel exposición Cándido Fernández Mazas na Cidade da Cultura Exposición Cándido Fernández Mazas na Cidade da Cultura

Comparte