Dinamización: CAMIÑOS DE FUTURO PARA A ACCIÓN CULTURAL

CAMIÑOS DE FUTURO PARA A ACCIÓN CULTURAL

A Estratexia da Cultura Galega 2021

O mundo cambia moi rápido. Como serán as cousas en 2021? Que retos terá que afrontar a cultura galega? Para estar preparados é necesario contar cunha folla de ruta, pensar con tempo a medio e longo prazo. Para iso, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta pola Estratexia da Cultura Galega 2021 (ECG21).

Ler máis

Trátase dun documento público no que se exporán as principais liñas de actuación e as prioridades da política cultural de Galicia para os próximos anos e que busca fortalecer a industria cultural e asegurar os servizos públicos culturais para a cidadanía, entre outros obxectivos, nos diferentes ámbitos: o libro, o audiovisual, as artes escénicas, a música, as artes plásticas e visuais, o patrimonio cultural e as institucións da memoria.

Para a súa elaboración, nun proceso compartido e transparente, búscase a participación tanto de profesionais da cultura como de institucións, asociacións e calquera persoa interesada. Como facer isto? A través de encontros informativos, da formación de grupos de traballo sectoriais e da participación pública mediante un formulario en liña para o envío de propostas.

Unha vez redactado o documento de traballo, iniciarase unha fase de exposición pública. O proceso culminará coa proposta de planificación da acción cultural de Galicia para os vindeiros anos.

Comparte