Estratexia da Cultura Galega 2021

  • Logo Estratexia da Cultura Galega

Para afrontar os retos da cultura galega no horizonte de 2021, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, impulsa a Estratexia da Cultura Galega (ECG), un documento público coas principais liñas de actuación e as prioridades da política cultural de Galicia durante os próximos anos.

Os obxectivos xerais da ECG son:

  • Fortalecer a industria cultural, para que cree máis riqueza e postos de traballo.
  • Estender a produción e distribución cultural de base por todo o territorio de Galicia para favorecer a inclusión e a participación na cultura de toda a sociedade.
  • Asegurar os servizos públicos culturais: bibliotecarios, museísticos, arquivísticos etc.
  • Propiciar canles estables que favorezan unha maior colaboración entre as administracións públicas nas políticas culturais e unha maior participación da sociedade e das entidades privadas na cultura.

 

Obxectivos
Ámbitos de actuación
Proceso de elaboración
Participación cidadá