Dinamización: MARÍA VICTORIA MORENO

MARÍA VICTORIA MORENO

Un faro das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas 2018 está xa cada vez máis próximo. A homenaxeada este ano é a escritora e profesora María Victoria Moreno, un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura comprometida coa lingua e coa cultura de noso.

Para impulsar esta homenaxe, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTV, en colaboración da familia da autora, promoven unha programación especial de iniciativas diversas por todo o territorio, co fin de dar a coñecer e de poñer en valor a obra de María Victoria Moreno.

Ler máis

A programación especial inclúe varias exposicións, entre as que destaca a mostra itinerante María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes, comisariada por David Pintor e que está concibida como unha galería de retratos de personaxes e paisaxes da escritora; ademais de concursos, festivais, eventos deportivos, proxectos audiovisuais, edicións conmemorativas e actividades musicais, entre outras.

Ademais de todas estas actividades, na rede tamén será posible consultar recursos específicos sobre María Victoria Moreno e aprender sobre a autora, en sitios como o portal de Bibliotecas Escolares de Galicia, os webs da RAG e da CRTVG ou o Portal das Palabras.

A Axenda de Cultura de Galicia irá dando conta das principais actividades, para facer das Letras Galegas unha celebración de todas e todos!

Comparte