Dinamización: UN CGAC ESTIVAL

UN CGAC ESTIVAL

Cine ao aire libre, obradoiros e mostras para gozar dun verán contemporáneo

Praia, montaña ou CGAC! Os plans de lecer deste verán pasan por un bo mergullo nalgunha das súas propostas estivais: obradoiros artísticos, cinema nocturno ao aire libre e interesantes mostras nas súas instalacións; unha delas,Bañistas. Que non se diga que a arte non é para o verán.

 

Ler máis

Poucas cousas son tan deste tempo como unha sesión nocturna de cine ao aire libre. No CGAC, nas noites dos mércores e xoves do mes de xullo, seis grandes títulos ofrecen unha particular mirada arredor da figura do turista e da viaxe.

Para os máis pequenos e pequenas, os obradoiros do CGAC convidan a un mergullo de experimentación coa arquitectura, a nadar na animación audiovisual coa tableta  ou a reparar na importancia do erro no proceso creativo. Para aprender e para pensar. E como iso tamén é cousa de adultos, para eles, un taller dirixido por Javier Trigales .

Igualmente, á época estival cómprenlle ritmos e olladas sosegadas, que son as que precisan as tres exposicións que comparten espazo e tempo nas instalacións do CGAC. Continxencias de uso Bañistas  ou a retrospectiva de Luis Gordillo  son tres propostas moi diferentes pero igual de suxestivas, coma todas as do CGAC no verán, gozádeas e gozádeo!

  • Bañistas
  • Obradoiros de lecer
  • Continxencias de uso
  • Cinema ao aire libre
  • Retrospectiva de Luis Gordillo