Dinamización: DO AUDIBLE E OS NOVOS HORIZONTES DO SON CONTEMPORÁNEO

DO AUDIBLE E OS NOVOS HORIZONTES DO SON CONTEMPORÁNEO

A música experimenta coa caligrafía xaponesa, coa auga, coa zooloxía e co corpo humano

O ciclo Do Audible  volve sorprender con catro suxestivas propostas que exploran novos horizontes na creación musical contemporánea vinculadas, nesta edición de 2017, coa arte da caligrafía xaponesa, a auga, a zooloxía e o corpo humano.

 

Ler máis

Do Audible rastrexa as interaccións ocultas entre diferentes disciplinas: música, ciencia, arte e pensamento contemporáneos, con resultados tan atraentes como Califagrafía do so. A performer e calígrafa nipoa Aoi Yamaguchi inaugura o 9 de xuño o ciclo na Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, onde se escoitarán, por primeira vez en España, partituras únicas do compositor Toshio Hosokawa.

O programa Do Audible continuará o 21 de xuño noutro escenario singular, o Museo Galego do Entroido (Xinzo de Limia), que acollerá o concerto Memorias líquidas . O percusionista brasileiro Luís Bittencourt convídanos á apreciación de sons que adoitan pasar desapercibidos da nosa atención, como o son do caer das pingas da choiva sobre o chan ou sobre obxectos, nun fluxo sonoro continuo e inspirador.

Haberá que esperar o outono para gozar da segunda quenda do ciclo, que abrirá Hibridación o 7 de novembro no Paraninfo da Universidade da Coruña. Unha proposta que conta como convidado co zoólogo Julio Parapar, participante en expedicións da Antártida, e que nos introducirá nos conceptos arredor da evolución das especies, que nos convidarán a indagar nas liñas da evolución dos instrumentos musicais.

Para pechar o ciclo Do Audible 2017 resérvase a que é unha das propostas máis representativas das novas formas de composición e interpretación: Recoller cascallos , o día 23 na Casa do Saber de Lugo, coa participación do ensemble de Estrasburgo convidado nesta edición,  L'Imaginaire.

  • Caligrafía do son
  • Memorias líquidas
  • Hibridación
  • Recoller cascallos

Documentos relacionados