Evento: Memorias líquidas

Memorias líquidas
mércores, 21 xuño, 2017 - 20:30
Museo Galego do Entroido,
Xinzo de Limia

Memorias líquidas

Concerto do percusionista Luís Bittencourt

O Museo Galego do Entroido acolle o concerto Memorias líquidas coa presenza do percusionista brasileiro Luís Bettencourt nun espectáculo que, ademais de lembrarnos a auga como elemento precioso, demostra as súas capacidades como instrumento musical. 

Memorias líquidas é un concerto con obras para percusión que utilizan a auga como obxecto de exploración artística, sexa de forma simbólica ou mesmo real, a través da manipulación do líquido como instrumento musical. Ademais de lles render unha homenaxe á auga como un elemento precioso para a vida humana e aos compositores que a utilizaron como inspiración para a creación de obras peculiares da música dos séculos XX e XXI, este espectáculo procura instigar a curiosidade e, ao mesmo tempo, contribuír a achegar o público á estética musical contemporánea a través da gran familiaridade que teñen as persoas con este elemento. 

En 2017, o ciclo Do Audible aborda a relación da música coa arte da caligrafía xaponesa, a auga, a zooloxía e o corpo humano. Abrir novos horizontes na creación musical contemporánea. Ese é o obxectivo do ciclo Do Audible, que en 2017 chega á súa quinta edición, organizado pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa intención de seguir creando novos formatos para a experiencia musical.

Descargas

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5