Dinamización: GALICIA CULTUREA

GALICIA CULTUREA

Para gozar do verán cultureando

O verán é para pasalo ben e con #GaliciaCulturea aínda máis! Arredor de 600 propostas por todo o territorio galego para que gocemos das nosas vacacións como cómpre, #cultureando!

 

Ler máis

Música, teatro, danza, novo circo, maxia, cinema, obradoiros, visitas guiadas, andainas... conforman o amplo abano de actividades de #GaliciaCulturea. A cultura espállase polo país con citas xa habituais, como as programacións de Monumenta, pero tamén con novos eventos #cultureando que nos traerán os ritmos de Odaiko, de Zoar, Hércules Brass, Coro Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, De Ruada e Toxos e Froles, ou da Galicia Fiddle Orquestra.

E especialmente para a nosa xente miúda, espectáculos como 'Palabras máxicas' do Mago Dani ou os contacontos 'O zapateiro e o raposo' e 'Contos vellos para rapaces novos', este último inspirado na obra homónima de Xosé Neira Vilas.

Na Axenda de Cultura de Galicia contaredes con toda a información das actividades para que gocedes esta época estival #cultureando!

  • #cultureando con #Galiciaculturea
  • Cantigas e Agarimos #cultureando
  • Odaiko en #Galiciaculturea

Comparte