Dinamización: UN LABORATORIO NA BIBLIOTECA

UN LABORATORIO NA BIBLIOTECA

En novembro, descubre a ciencia entre andeis

A que non sabes que podes extraer o ADN dunha froita cun pouco sal ou unhas pingas de zume? Proba con nós. En novembro, as bibliotecas públicas convídannos a experimentar e descubrir a ciencia, cunha morea de actividades, infantís e para adultos, coas que gozarmos o Mes da Ciencia en Galego.

 

Ler máis

Entre os andeis das bibliotecas atoparemos microscopios ou lupas binoculares para pasmar cos animais e vexetais que se agochan nunha minúscula pinga de auga.

Tamén haberá contacontos, exposicións, proxeccións e conferencias como a de Ramón Cid Manzano ou a do prestixioso Ángel Carracedo. Actividades coas que recoñecer que o que parece maxia é, en realidade, ciencia ou para descubrir que a vosa verdadeira vocacións é ser científica ou que sempre o fostes

Accións todas para animarvos a ler, vivir e experimentar a ciencia na biblioteca, e en galego. Tédelas na nosa Axenda.

  • Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2015 Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2015
  • Obradoiro 'Non é maxia, é ciencia'
  • A xenética, protagonista de moitos obradoiros
  • Contacontos teatralizados para achegar dun xeito ameno a ciencia aos cativos