Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN 2026

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2026

A Xunta de Galicia colabora un ano máis polo Día da Ilustración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que para o 2026 homenaxeará a Siro López, coñecido como Siro, un artista que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, alén doutras facetas como retratista, debuxante e pintor.

Ler máis

Con este recoñecemento, este é o segundo ano que se escolle para a efeméride, que ten o seu día o 30 de xaneiro, a unha persoa en vida. Para conmemorar esta data a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude traballa xa na posta en marcha de diversas actividades como talleres ou exposicións baseadas na traxectoria de Siro, que tamén ten un papel importante noutros campos como o do xornalismo ou o do ensaio. Sobre o autor Nado en Ferrol en 1943, Siro foi un debuxante precoz con facilidade parael debuxo desde a infancia. Non tardou en experimentar con todas as técnicas posibles: tinta e pincel, sanguina, carbón, grafito, pluma, pastel ou mesmo técnicas dixitais. Ademais, foi o deseñador da Praza do Humor da Coruña (1990) e o autor do curso de galego Imos alá, emitido na Televisión de Galicia entre 1989 e 1990.

Novas relacionadas

30/01/2026

‘Siro. A vida nun lápis’ acolle máis de 50 obras que reflicten a diversidade artística deste autor aínda en activo, que cultivou desde a caricatura política ata o teatro, pasando polo xornalismo e a ilustración

22/01/2026

As bibliotecas de xestión autonómica levarán a cabo exposicións, obradoiros, sesións de narración oral, concursos de caricaturas e mostras bibliográficas

30/01/2025

López Campos salienta que esta é a primeira ocasión no que se lle dedica a un autor en activo e reivindica a importancia de apoiar os artistas galegos contemporáneos

23/01/2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a programación que contará cunha exposición, un vídeo, obradoiros, sesións de narración oral ou mostras bibliográficas, entre outros

23/11/2024

A Xunta de Galicia colabora un ano máis coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, felicita persoalmente ao autor nunha visita ao seu estudo

18/01/2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a programación xunto coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

10/07/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reúnese coa presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Laura Romero, para planificar a efeméride

30/01/2023

A exposición María Antonia Dans, a maxia da cor é a proposta central do Goberno galego para conmemorar a efeméride que se celebra hoxe

 

25/01/2023

Os actos deste ano renden homenaxe á pintora galega, un dos nomes máis destacados da ilustración na nosa Comunidade

09/11/2022

A decisión consensuouse nun encontro mantido entre o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e das escolas de Arte e Superior de Deseño

18/08/2022

A actuación levarase a cabo ao abeiro dun convenio asinado hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e o alcalde de Curtis

 

Comparte