As andanzas de Paio
Espectáculo musical para viaxar a través das cancións con este teixugo aventureiro. Aprender e descubrer o mundo a través da música, o baile e os libros.
Espectáculo para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Espectáculo musical para viaxar a través das cancións con este teixugo aventureiro. Aprender e descubrer o mundo a través da música, o baile e os libros.
Espectáculo para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Cada participante vai aprender a facer un autorretrato do corpo enteiro ao estilo Maruja Mallo. Observarán o cadro titulado Ciclista. Deseñarán un autorretrato de corpo enteiro do deporte que máis lles gusta practicar; futbol, patinaxe, ciclismo, xogar ao tenis etc. Aprenderán, deste xeito, a debuxar a figura en movemento, combinarase o debuxo e a fotografía para conseguir unha orixinal colaxe.
Actividade dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Actividade desenvolvida para Ler conta moito polo escritor Xosé Carlos Caneiro ao redor da figura e do imaxinario dos contos de Carlos Casares, homenaxeado coas Letras Galegas no 2017.
Esta actividade mestura a ilustración co mindfulness. O mindfulness, ou conciencia plena, é un concepto que provén do budismo, pero que está de actualidade na nosa sociedade. Nun mundo cheo de stress e présas convén deterse un pouco e respirar. Está demostrado que a combinación da arte co mindfulness produce efectos positivos no organismo, nas nosas emocións, creatividade e benestar.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Galicia.
Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias.
Existe unha riqueza espectacular na tradición oral que precisa ser recuperada. Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Con inscrición a partir do 3 de abril, luns, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono (886 159 250) de 9:00 a 20:30h.
As invitación recolleranse na planta baixa (información).
20 bebés (2 adultos por bebé)
Catro divertidas e amenas sesións de contacontos de Ler conta moito dirixidas ao público infantil para comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude.
Cada unha das sesións estará dispoñible dende arredor de dúas semanas antes do inicio da estación correspondente ata a súa finalización.
Autora: Adela Turín
Directora: Paula Carballeira
Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da libertade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Un espectáculo para Ler conta moito onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para promover a literatura de ciencia ficción e intentar comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes, Antonio Sanjurjo Badía e Issac Peral introdúcennos na construción dun submarino.
Unha actividade de Ler conta moito ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.
Episodio da saga teatral no que o rapaz Piruleta volta á Biblioteca Máxica do extravagante Renato a devolver os libros que levara na súa última visita, e atópase con que a biblioteca está engalanada có gaio do aniversario da poetisa Gloria Fuertes.
A través deste evento para Ler conta moito e a través da axuda de ferramentas audiovisuais, nenos e nenas van descubrindo a vida e obra desta autora.