A viaxe de Toribio
Esta é unha viaxe ao universo de Carlos Casares para o programa de Ler conta moito 2017, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Sinopse: Podemos ir en bicicleta con Lolo, e seguro que Toribio, un dos personaxes máis entrañables da obra de Carlos, se suma á nosa aventura. Pode ser ademais que polo camiño atopemos a laranxa máis laranxa de todas as laranxas. Este espectáculo é unha celebración da vida e da literatura!

