Día da poesía

Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Versos e lúas

O obradoiro-presentación Versos e Luas propón unha experiencia participativa arredor da poesía e da creación artística.

A actividade combina a presentación do poemario coas dinámicas creativas, convidando ao público a experimentar a poesía desde a emoción, a palabra e a imaxe.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min. aprox.

Horario: 11:00h

Espazo: Casa da Cultura do Concello de Sandiás

Galego

Poetizando a vida

Hoxe, no Día da Poesía , teremos este obradoiro para festaxar este día tan fermoso a cargo de Sabela Gago. 

É unha actividade pensada para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

As prazas son limitadas e as inscricións poderán facerse a partir do venres 13 de marzo ás 9.00h, chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

Cantando a Lorca

Alma Selene é cantante soprano, actriz e declamadora. Está especializada nas obras de Federico García Lorca nas súas diferentes disciplinas. É unha artista multidisciplinar que polas súas cualidades vocais e cor de voz inclúe nos seus repertorios diferentes estilos e rexistros musicais abarcando desde a música sacra, clásica, lírica, melódica, boleros, etc.

O concerto:

Galego

Lúa

Un día Lúa decide baixar á terra para observar que é o que alí sucede e, sobre todo, a que se debe tanto barullo.

Neste contacontos, Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común: A lúa; e co obxectivo de que os nenos recapaciten sobre problemas da sociedade.Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa

CONMEMORAMOS O DÍA DA POESÍA QUE É O DÍA 21 DE MARZO

Para nenos/as a partir de 4 anos.

Duración: 45 minutos

Hora: 12:00 h.

Galego

A poesía tamén conta

Celebramos o Día da poesía co contacontos A poesía tamén conta da man de Charo Pita. Esta é a chave do reino da poesía. Rimas, cancións que son poemas, poemas que se bailan, poesías que se miran, que fan rir, chorar, que nos arrolan. O reino da poesía é tan grande como a música, tan intenso como a palabra. Cábenos na boca, nas orellas, na mirada. No reino da poesía todo é xogo, todo é conto. Xogamos? Contamos?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Que como o sol sexa o meu verso

Celebramos o Día da Poesía co obradoiro de creación poética Que como o sol sexa o meu verso da man de Apiario. Que como o sol sexa o meu verso son palabras do poeta Miguel Hernández e con elas poñemos nome a este obradoiro. Unha proposta na que converxen o descubrimento do poético e da experiencia literaria a través da lectura activa, o comentario en grupo e unha proposta práctica para a escrita.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día da poesía