Día da poesía

Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Lúa

Un día Lúa decide baixar á terra para observar que é o que alí sucede e, sobre todo, a que se debe tanto barullo. 

Neste contacontos, Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común: a lúa; e co obxectivo de que os nenos e nenas recapaciten sobre problemas da sociedade. Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa. 

Contacontos a cargo de Pepablo Patinho.

Salón de actos. 

Publico familiar a partir de 3 anos.

Galego

A poesía é un conto

Celebramos o Día da Poesía co contacontos “A poesía é un conto” da man de Miguel Ángel Alonso Diz. A través da poesía achegámonos a un mundo cheo de sensibilidade, tenrura e emoción no que o xogo é o alimento principal.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Versos para perder medos

Simpático, divertido e interactivo recital poético destinado aos máis pequenos da casa.

Unha das escritoras máis coñecidas e recoñecidas polo público infantil e xuvenil traballará cos nenos na loita contra os medos máis habituais da infancia, onde son os poemas os que vencen temores.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Eloísa, a poetisa

Xogando con versos e rimas achegámonos dun xeito lúdico á poesía. Poemas para recitar, poemas para inventar, conversas que non paran de rimar… e rapaces e rapazas que non teñen outro xeito de falar, onde os xogos de palabras e a linguaxe son os protagonistas. A poesía, un dos mellores medios para fomentar o gusto pola lectura entre os pequenos e as pequenas.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Crea o poema

Na semana do 15 ao 20 de marzo propoñemos ás nosas usuarias e usuarios participar no proceso de creación poética a través da elaboración dun poema colectivo a partir de versos dos poemarios da mostra do Día da Poesía, co obxectivo de espallar a mensaxe de que a poesía é un xénero para todas e todos.

Podes participar nesta actividade no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.

Galego

A música das árbores

Conmemoración do Día da Poesía e do Día da Narración Oral.

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Servando Barreiro

A música das árbores é un espectáculo que conxuga a narración a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.

Galego

Las Sinsombrero: as poetas esquecidas da xeración do 27

Co gallo da celebración do Día Mundial da poesía, dedicamos unha mostra ás poetas esquecidas da xeración do 27, coñecidas como Las Sinsombrero.

Nesta mostra recollemos algúns dos seus libros e poemas soltos.

Ademais, queremos convidarvos a conmemorar este día connosco achegándovos ao 2º andar da biblioteca o día 21 de 19 a 20 h para participar nun recital poético coa lectura dos vosos versos favoritos.

A mostra pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día da poesía