Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 876
- 877
- 878
- 879
- 880
- 881
- 882
- 883
- 884
- …
- seguinte ›
- última »
Gabriel Alén informou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste máis de 74.000 euros na obras e que terán prazo de execución de dous meses
O delegado territorial explicou que as actuacións propostas permitirán recuperar o uso orixinal da construción e a posta en funcionamento da sonería das campás vinculadas ao reloxo
Este foro internacional, organizado polo Goberno galego en colaboración coa Fundación Paideia Galiza, reuniu no Gaiás a 40 especialistas en ciencia, cultura, medio ambiente ou cambio social
O titular de Cultura do Goberno galego animou a que as conclusións deste encontro, que se plasmarán nun documento, “sirvan como folla de ruta para comezar a definir a dirección que debemos tomar como sociedade”.
Organizado pola Xunta, reúne estes días na Cidade da Cultura a 40 líderes en ciencia, cultura, medio ambiente ou cambio social para debater arredor dos retos globais
O cambio climático, a axenda 2030 e a relación entre territorio e biodiversidade foron os temas que abriron a segunda xornada do encontro, con relatores como Carolyn Steel, Joan Roig, Lucía Viñas ou Salvador Fojón
Nove das 17 propostas adxudicatarias da convocatoria deste ano apostan por directoras e directores que se están a iniciar na realización de longametraxes
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste 300.000 euros nestas subvencións, que incrementaron a súa dotación nun 15% para impulsar a preprodución de filmes e series cara á súa rodaxe nos vindeiros anos
Anxo M. Lorenzo salienta tanto o seu labor de catalogación, estudo e difusión como a posta en marcha dunha Biblioteca Ilustrada e mesmo un obradoiro de gravado
A programación conmemorativa, coa que colabora a Xunta, inclúe unha exposición do pintor e gravador cubano Albino Fernández
Loa a “rica e contundente” documentación do autor do libro que reflexiona en como a sociedade civil e eclesiástica converxen na construción de cada basílica
A obra da unidade teatral da Xunta de Galicia representarase o sábado no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e o domingo no Auditorio Municipal Ílduara de Celanova
A peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso percorrerá ata o 12 de decembro vinte escenarios de Galicia e do norte de Portugal, entre os que tamén figuran Ourense e Verín
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a mostra no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Trátase dunha selección de obras de 12 artistas que poderá visitarse a partir de mañá ata o 16 de xaneiro
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación en Santiago desta publicación divulgativa elaborada polo avogado especializado na materia Ramón Rey García
Este manual aborda aspectos legais básicos arredor da creación artística, que se complementan con artigos a cargo de diferentes expertos de recoñecido prestixio
O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe en Santiago na presentación deste evento que dedica a súa IX edición a Galicia e ao Ano Xacobeo
O festival terá lugar os vindeiros 6 e 7 de novembro e incluirá un concerto de Uxía e Germán Díaz, outro de Carolina Rubirosa, un espectáculo de Magín Blanco e unha mesa redonda sobre o galego en Castela e León, entre outras actividades




