Busca

Páxinas

12/12/2023

‘Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa’ exhibirá na Cidade da Cultura pezas de ourivería, cálices, códices ou téxtiles, doados a Xerusalén polas monarquías europeas ao longo de cinco séculos

Román Rodríguez subliña a “oportunidade única que suporá este proxecto expositivo para que o público galego se achegue a un conxunto de excepcional valor histórico e artístico que raramente puido ser contemplado polo gran público”

11/12/2023

O proxecto do fotógrafo Xulio Gil, comisariado por Xabier Limia, poderá visitarse na sede da Praza Maior ata o 21 de xaneiro

Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Chelo Rodríguez, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Antón Patiño, Din Matamoro ou Berta Cáccamo son algúns dos creadores retratados

 

11/12/2023

Acolleu 23 traballos de investigación nas artes do movemento dentro do programa Territorio Cultura do Goberno galego para dinamizar a cultura do rural

Tamén é unha das iniciativas seleccionadas na nova aceleradora de artes escénicas da Consellería de Cultura, que financia tamén a mellora dos seus equipos tecnolóxicos

10/12/2023

A Xunta de Galicia e a Residencia Literaria 1863 abren o prazo desta bolsa para contribuír á proxección exterior de literatura galega

Os interesados poderán presentar as súas candidaturas ata o 30 de decembro

No segundo semestre do ano, poetas galegos viaxarán a Irlanda dentro deste intercambio

09/12/2023

A Xunta investirá nesta actuación máis de 600.000€ para recuperar a estrutura de madeira da cuberta e solucionar os problemas de humidade

 

Os traballos, que rematarán no verán, inclúen tamén a restauración do coro, a portada e a reixa e a renovación da instalación eléctrica e da iluminación

 

“Galicia conta cun rico patrimonio espallado por toda a Comunidade que temos a obriga de protexer e manter nas mellores condicións”, salienta o conselleiro

 

08/12/2023

“A actuación suporá un antes e un despois para este centro ao incorporar novas zonas de visita e sumar valiosos fondos para o público”, salienta o conselleiro

Os traballos, actualmente en execución, contan cun orzamento de 1,1 M€ e permitiran engadir as antigas naves do complexo conserveiro ao proxecto expositivo

O proxecto prevé, no andar superior, unha sala dedicada á figura de Urbano Lugrís, do que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento o 23 de decembro

06/12/2023

Publícase a concesión desta convocatoria anual, que amplía a súa dotación en 200.000 euros para contribuír a desenvolver 14 futuras longas de cine e sete series de televisión cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

O obxectivo destas axudas da Consellería de Cultura é acompañar as produtoras na preparación inicial dos seus proxectos, cos que nos anos seguintes poderán optar a outras subvencións autonómicas

 

05/12/2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, inauguran a exposición no Arquivo Histórico Provincial

Contén 63 documentos orixinais e estará dispoñible ata o 23 de febreiro de 2024

 

04/12/2023

O gañador foi galardoado con 12.000 euros e a publicación da súa obra, ‘Groenlandia’, por parte da Editorial Galaxia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega deste premio que reforza a creación literaria en galego e promove o uso social da lingua

 

04/12/2023

Mañá martes arranca o ciclo dedicado ao realizador italiano, do que a cinemateca da Xunta ofrecerá as súas 12 longametraxes ata finais de xaneiro

A proxección o día 12 da súa 'Medea', interpretada por Maria Callas, tamén forma parte dun especial organizado en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera da Coruña e dentro do que mañá se exhibe o documental 'Maria by Callas'