Busca

Páxinas

  • Cartel do espectáculo
28/01/2015

O músico coruñés, coñecido pola súa traxectoria á fronte da banda Loretta Martin, actuará no escenario compostelán ás 21.00 horas acompañado de Miguel Queixas á batería, Denís Morán ao baixo e Manu Seoane á guitarra

Tocará os temas propios e inéditos cos que arranca este novo proxecto máis rockeiro, co sinxelo ‘En paz’ como carta de presentación
 

  • A bailarina galega Ana Serantes, que impartirá un obradoiro sobre danza clásica
27/01/2015

Ana Serantes, Lázaro Carreño, Jordi Vilaseca, Iván Villar, Catherine Turocy e Ana Abad Carles impartirán estes obradoiros, que se desenvolverán en distintas datas entre finais de xaneiro e abril

A sede da compañía pública na Coruña acolle o inicio do programa, que este ano amplía a súa oferta formativa a diferentes xéneros coreográficos e enfoques teóricos

27/01/2015

Melloras en seis pontes, que estarán adxudicadas en febreiro

  • Galleira Passport, un libro para viaxar polo mundo
23/01/2015

O xornalista Luís Menéndez relata nesta obra as súas experiencias por máis de 20 países

Aprobada a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

  • Gallaecia Big Band e Las Brownies
21/01/2015

A formación orquestral, que debutou neste escenario o pasado ano, regresa ao Salón Teatro para acompañar o trío vocal que compoñen Paula Romero, Paty Lesta e Carla Green

Cunha coidada posta en escena, rememorarán o espírito e a elegancia dos anos trinta e corenta
 

  • ‘O amor dos infelizes’
20/01/2015

Será a primeira das catro montaxes chegadas de Portugal que se poderán ver ata xuño neste espazo compostelán dentro do plan de intercambio e colaboración co país veciño que mantén o Centro Dramático Galego

Interpretada por Margarida Gonçalves a partir do texto de Valter Hugo Mãe, a peza preséntanos a historia dunha muller anana que sobrevive da caridade do mesmo pobo que, porén, rexeitará a súa busca do amor