Busca

Páxinas

  • Imaxe Venres nas librerías
13/11/2014

A escritora e tradutora presenta na libraría Trama de Lugo a súa obra Dende o conflito (Xerais), o venres 14 de novembro ás 20 horas

O programa impulsado pola Xunta, a AGE e a Federación de Librarías tamén inclúe concursos semanais nas redes para a descuberta de novidades editoriais
 

  • Cartel Do Audible
12/11/2014

O grupo Vertixe Sonora contará co Distractfold Ensemble como formación convidada para o concerto de clausura, que terá lugar o 14 de novembro, ás 20 horas, no Museo de Pontevedra

Na sesión tamén participará o profesor e ensaísta Enrique Gavilán

A música en diálogo coa ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos centra esta iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Cultura
 

  • Premios de literatura dramática da Agadic
10/11/2014

A vixésimo segunda edición do Álvaro Cunqueiro para textos teatrais recaeu na obra Raclette de Santiago Cortegoso, mentres que Antón Cortizas obtivo o VIII Manuel María de literatura dramática infantil por Xogando con gatos

O XI Barriga Verde de textos para monicreques foi para O lobo e a lúa, de Andrea Bayer, na categoría de teatro para rapaces; e para Ela, piedade dos suicidas, de Xavier Lama, na modalidade para adultos
 

  • Óleos sobre lenzo e táboa
08/11/2014

O pintor vigués amosa un total de 13 óleos sobre lenzo e táboa na planta baixa do edificio administrativo da Xunta

  • Exposición Arte e Ciencia na Galería Sargadelos en Santiago de Compostela
03/11/2014

A mostra, organizada pola asociación Igaciencia, poderá visitarse na Galería Sargadelos da capital de Galicia ata o dia 15 de novembro

  • Un total de 79 axentes culturais danse cita neste evento, que se abre tamén ao público xeral a través dunha intensa carteleira de teatro, danza, novo circo e maxia.
03/11/2014

A mostra desenvolverá ata o mércores máis de 24 horas de programación arredor de 11 espectáculos e 12 ‘showcases’, dous encontros entre programadores e distribuidores, un taller de estratexias de venda e un concerto

Un total de 79 axentes culturais danse cita neste evento, que se abre tamén ao público xeral a través dunha intensa carteleira de teatro, danza, novo circo e maxia