Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 244
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- 250
- 251
- 252
- …
- seguinte ›
- última »
Estado de tramite:

A Xunta de Galicia colabora un ano máis polo Día da Ilustración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que para o 2026 homenaxeará a Siro López, coñecido como Siro, un artista que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, alén doutras facetas como retratista, debuxante e pintor.
Estado de tramite:
A iniciativa reunirá o vindeiro 2 de xuño en Mondoñedo a rapaces e rapazas dos conservatorios profesionais de música de Galicia, que cantarán os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño
A Consellería de Cultura e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha esta quinta edición
O obxectivo é poñer en valor a importancia da poesía e da música como vehículos de transmisión da cultura e da lingua, así como recoñecer a dedicación e o esforzo do alumnado das disciplinas musicais
Nos últimos anos foi distinguido con galardóns como o Premio Xosé María Pérez Parallé (2010), o Premio Miguel González Garcés (2012) ou co Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas (2013)
Teñen como obxectivo de incidir na relevancia de internet como ferramenta fundamental á hora de difundir e distribuír os produtos audiovisuais
O programa estrutúrase en seis relatorios a cargo de directivos de plataformas como YouTube e Yomvi Canal Plus, así como de consultoras de comunicación en liña e de firmas especializadas no deseño de aplicacións
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propietaria destes Bens de Interese Cultural situados en Ourense, financia estas actuacións que comezaron esta semana
Abranguen máis de 11.000 metros cadrados, que inclúen as torres do Castro e de Firbeda, nos municipios de Sandiás e Porqueira, e o castelo da Pena, en Xinzo de Limia
Forma parte do Plan de intervencións do Goberno galego para o ano 2026 cunha partida de preto de 700.000€ para 38 xacementos, sete deles nesta provincia
O delegado territorial puxo en valor o papel dos libreiros na promoción da lectura e na dinamización cultural das vilas e cidades galegas





