Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- …
- seguinte ›
- última »
O director xeral de Cultura pon en valor estas citas que se impulsan en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia para promover a lectura en todos os públicos
A cita reunirá ata o domingo 27 na praza da Constitución a máis de 40 escritores con actividades como obradoiros, presentacións ou sinaturas de libros
O representante do Goberno galego celebra o aumento rexistrado no número de persoas que len libros en Galicia, por riba da media estatal
Serán 18 as compañías que representarán as súas máis recentes producións, mentres que as 12 restantes adiantaranlles aos axentes acreditados os seus próximos proxectos en formato ‘pitching’
A carteleira completarase con dúas propostas chegadas desde Madrid e a Comunidade Valenciana grazas ao intercambio establecido con MADferia e Dansa València
A exposición abrangue unha ollada completa á traxectoria dun dos pintores máis notables en España con conexións en diferentes lugares e escolas de Europa
López Campos subliña “o extraordinario valor dunha obra que enriquece a nosa historia da arte, creada por un autor dun talento inesgotable”
Comisariada por Pilar Corredoira, poderá visitarse ata o vindeiro 7 de setembro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 150.000€ para favorecer a publicación en galego de obras publicadas orixinariamente noutro idioma
Establece unha partida de 50.000€ para que publicacións na nosa lingua se poidan ler noutras, tanto en formato en papel como en dixital
O Goberno galego mantén así o seu apoio á internacionalización da nosa cultura e a contribuír ao intercambio con outras
O percorrido realizado hoxe enmárcase no programa Os segredos do Salón Teatro que organiza o Centro Dramático Galego, a compañía pública da Xunta
Destaca a importancia de “poñer en valor esta profesión e as súas múltiples facetas, promovendo iniciativas que creen novos públicos”
Ademais, esta tarde, ás 18,00 horas, asiste á representación de A burra, a mesa e o pau, produción propia que se representa en Santiago ata o 20 de abril
O delegado territorial visitou as obras que contan cun investimento autonómico de 62.000 euros
Os traballos consisten na consolidación das zonas de soporte debilitadas; posta a punto dos elementos patrimoniais que se topan no Retablo; desinsectización; e reintegración cromática, entre outros
A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude conta cun orzamento de 22 millóns de euros este ano para actuacións relacionadas co coidado do patrimonio
Lugo, 12 de marzo de 2025
A Coruña, 12 de marzo de 2025
A Filmoteca de Galicia continúa afondando no cinema con perspectiva de xénero a través do seu ciclo Close-Up, que pon a disposición do público a posibilidade de coñecer de primeira man os procesos creativos de destacados nomes do actual panorama cinematográfico español. É o caso de Itsaso Arana e Jonás Trueba, actriz principal e director da película Volveréis, escrita por ambos e arredor da que xirou o encontro que protagonizaron na sede da cinemateca da Xunta.
A páxina web recolle os textos que o escritor intercambiou con persoeiros da intelectualidade galega como Celso Emilio Ferreiro ou Isaac Díaz Pardo, entre outros
O proxecto xorde da colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa institución cultural para poñer as misivas a disposición da cidadanía
Anxo M. Lorenzo destaca que esta iniciativa permite “coñecer a Cela máis alá da súa obra literaria e achegarse ao seu sentimento de galeguidade”
Poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela do 6 de marzo ao 20 de abril cos habituais servizos de accesibilidade e de mobilidade desde 65 concellos das catro provincias
O espectáculo está ideado como unha fábula arredor dunha familia obreira galega, desexosa de atopar solucións máxicas para saír da súa precariedade








