Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1145
- 1146
- 1147
- 1148
- 1149
- 1150
- 1151
- 1152
- 1153
- seguinte ›
- última »
A película A Esmorga, dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, estrearase no marco das celebracións do aniversario do deceso do autor da obra
O xurado, que contou coa participación da Consellería de Cultura e Educación, valorou o traballo interdisciplinar do profesor emérito de Medicina Psicosocial nos ámbitos académico e investigador, así como o seu compromiso político e social
O galardón recoñece persoas ou institucións cun traballo destacado na promoción do ideal común europeo e da preservación do patrimonio cultural
Os bebés, os nenos e nenas e a mocidade terán ocasión de se achegar aos libros e á lectura a través de obradoiros creativos, cancións de arrolo, trabalinguas, xogos e propostas escénicas
Ao abeiro deste programa, a Secretaría Xeral de Cultura, co apoio dos concellos, promove 773 eventos de fomento da lectura en bibliotecas desde marzo a outubro
As actividades poden seguirse no blog http://blogs.xunta.es/lercontamoito
O espazo museístico vigués acollerá o concerto ‘O canto das baleas’, no que o grupo Vertixe Sonora interpretará obras dos compositores Charles-Antoine Fréchette e Fernando Garnero. O músico e profesor Abraham Cupeiro evocará o canto das baleas cun instrumento celta, o ‘karnix’
Na sesión, que terá lugar o xoves 26 de xuño ás 20 horas, o público poderá mergullarse nalgunhas das obras mestras do século XX inspiradas no mar da man do crítico e divulgador musical Francisco Ramos
O acto, no Mosteiro de San Clodio, acudiu unha ampla representación do sector do viño e a gastronomía española
Foron elixidos por un tribunal tras a súa participación nas audicións que se desenvolveron durante a pasada semana no Salón Teatro e ás que concorreron 82 actores e actrices
Alba Blanco Dorrego, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde darán vida aos personaxes desta obra de Carlos Casares, que regresará aos escenarios en outubro
Madrid, 23 de xuño de 2014. - A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta en Madrid, acolleu hoxe, tarde de San Xoán, a actuación da Coral Polifónica Follas Novas da Coruña, que interpretou un amplo programa no que incluíu composicións de diversos autores rexionais, nacionais e estranxeiros, algunhas xa esquecidas e recompiladas agora no seu labor de investigación da música coral de todas as épocas.
Cenlle (Ourense), 24 de xuño de 2014.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu a recepción institucional aos membros das delegacións dos dez países participantes na segunda edición do Festival Internacional da canción popular, organizado pola Unión Internacional de Asociacións de folclore, do que o director do grupo ourensán Queixumes dos Pinos , José Antonio Viñas, é o seu vicepresidente. O acto desenvolveuse no balneario Caldaria de Laias, no municipio ourensán de Cenlle.
O centro museístico da Consellería de Cultura e Educación acollerá mañá, ás 19:30 horas, o novo disco de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, baseado no poemario ‘Nimbos’ do escritor e tradutor de Guitiriz
O xurado acordou por unanimidade este recoñecemento ao escritor e académico da lingua galega pola súa contribución á cultura galega, nunha reunión celebrada hoxe en Pontevedra que contou coa participación dos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística







