Busca

Páxinas

10/07/2015

Un servizo de interpretación á lingua de signos, guías-intérpretes ou contidos adaptados serán medidas derivadas desta liña de traballo

A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o presidente da Federación de Persoas Xordas de Galicia firmaronun convenio marco de colaboración

 

10/07/2015

Cultura colabora coa entidade, co obxectivo de divulgar as accións que se desenvolven en torno á figura e obra do senlleiro escritor celanovés

10/07/2015

Está destinado aos promotores particulares que realizaron obras que afectan a un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados, sempre que a Consellería ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar ditas intervencións

09/07/2015

O crucense máis universal ofrece nesta obra un catálogo de galegos e galegas que deixaron a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico

  • Cartel da futura edición de Culturgal, deseñado por NUMAX
09/07/2015

A Xunta, a través da Agadic, apoia economicamente o evento, no que volverá a contar cun expositor e onde se levarán a cabo as reunións executivas do novo programa 'Firma e filme'

A organización deseñou unha nova distribución do recinto feiral para mellorar a experiencia dos creadores e do público que se darán cita no Pazo de Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro

  • Os concellos de Malpica de Bergantiños, Nogueira de Ramuín e Vilamarín gozarán esta fin de semana da música en directo de Xoán Curiel e a súa banda no marco do FalaRedes que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
09/07/2015

É a segunda actividade do programa de dinamización FalaRedes co que se busca promover a valoración positiva do noso idioma

Ata finais de xullo visitará 18 concellos para reforzar e ampliar a oferta de lecer en galego

O espectáculo de Xoán Curiel e a banda Son+d2 está dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos

08/07/2015

Nove participantes resultaron galardoados polos seus proxectos relacionados co mundo científico, mentres que na categoría cultural se recoñeceron outros sete

Estes recoñecementos premian os traballos creativos, de investigación e protección do patrimonio realizados na provincia

07/07/2015

Contan cunha partida de 160.000 euros para a ampliación dos fondos das bibliotecas e axencias de lectura municipais mediante a adquisición de novidades bibliográficas

07/07/2015

Dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios representaranse as montaxes 'Demolición', 'Noiteboa', 'Presidente', 'Don Quixote', 'O feo', e 'Ali Babá y los 40 ladrones'

A programación inclúe grandes nomes da dirección e da interpretación teatral, como Magüi Mira, Tamzin Townsend, Concha Velasco, Charo López ou Silvia Marsó
 

  • Cartel das Feiras do Libro de Galicia 2015
03/07/2015

As novidades editoriais comparten escenario con diversas actividades para lles achegar a todos os públicos o libro e a lectura