Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas X Encontro de Artistas Novos: #EAN10

Bolsas X Encontro de Artistas Novos: #EAN10

Apoio ao traballo de 40 creadores emerxentes

A Xunta convocou unha nova edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que en 2020 cumpre dez anos ao redor da arte emerxente e a creación contemporánea. O EAN10 ofrece a 40 novos creadores a oportunidade de participar nunha estancia de catro días (23-27/08/2020) no complexo da Cidade da Cultura durante a que presentar o seu proxecto creativo, ademais de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.

 

Como novidade nesta edición, e enmarcado no Plan de reactivación do sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do coronavirus, a participación no programa estará circunscrita a artistas nados e/ou residentes en Galicia. Ademais, o programa sufrirá pequenas variacións, especialmente de tipo loxístico, para adaptarse ás limitacións de capacidade, distancias mínimas e outro tipo de recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias e garantir que o encontro se celebre nas mellores condicións de seguridade para todos e todas as participantes.

 

Solicitudes ata o 3 de xullo
Os artistas emerxentes interesados en seren seleccionados para participar no EAN10 deberán enviar a súa solicitude antes das 15.00 horas do 3 de xullo xunto á documentación requirida ao enderezo electrónico encontro@cidadedacultura.org. As bases completas poden consultarse en www.cidadedacultura.gal.

Estado de tramite: En trámite

Comparte