Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Jesse Davis Quartet

O saxofonista Jesse Davis é un dos "mozos leóns" do jazz de Nova Orleáns, onde naceu en 1965. Continuador da tradición iniciada pola familia Marsalis e outros músicos da gran cidade do sur.
Influenciado por igual por Charlie Parker, Sonny Stitt e Cannonball Adderley, Jesse exhibe unha técnica impecable, un son amplísimo e unha natural afinidade polo blues en todas as súas interpretacións.

O cuarteto está formado por Jesse Davis (saxo alto), Joan Monne (piano), Ignasi González (contrabaixo) e Jo Krause (batería).

Galego

David Regueiro Swingtet en concerto

David Regueiro é un músico versátil. É un habitual dos festivais de jazz galegos mira cara ao jazz manouche sen complexos, cunha formación moi seria que chamou Swingtet.
O guitarrista vigués ten experiencia e desenvoltura para "swinguear" ao Django e conseguir ao mesmo tempo que a súa música soe eficazmente moderna destacando a seu Swingtet.
 
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Concerto de The Lazy Chickens

Aínda que hoxe en día o jazz se considera un xénero para escoitar con vagar, non se debe esquecer que as raices deste xénero son coma un baile e música festiva. Este espírito que se mantén moi vivo aínda na cidade de Nova Orleáns.
Esta esencia festiva está tamén nesta formación con xa 15 anos de historia.

Galego

Concerto de Pilc, Moutin e Hoenig

Pilc, Moutin e Hoenig celebran como formación o seu vixésimo aniversario: vinte anos abordando estándares con imaxinación desbodante e delicada versatilidade ou ben poñendo sobre a mesa composicións ao chou, sen papeis nin pactos previos e nas que brilla unha compenetración e unha afouteza só reservada aos grandes. Vestixios de Martial Solal, Ahmad Jamal, Herbie Nichols, Bill Evans, Don Pullen... incorpóranse a unha linguaxe do trío nada acomodaticia e comprometida a fondo coa maior liberdade interpretativa.

Galego

Carles Benavent Trío

Carles Benavent entra a formar parte do grupo de Paco de Lucía en 1980, realizando xiras por Europa, América e Xapón, onde entra en contacto con músicos como Jorge Pardo, Rubem Dantas, Pepe de Lucía e Ramón de Algeciras.
En 1982 toca con Chick Corea, co que grava dous álbums e realiza unha xira mundial. En 1983 toca co quinteto de Jorge Pardo, co que grava dous discos. Este mosmo ano grava o seu primeiro disco como solista e debuta coa súa propia banda.
En xullo de 1991 é convidado a tocar nun concerto especial con Miles Davis e Quincy Jones no festival de Montreux.

Galego

Tránsitos

Concerto do proxecto que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, e Abe Rábade Trío realizan en conxunto, ofrecendo unha única obra composta baseándose nas transicións incluídas nos últimos traballos de Abe Rábade.
En poucas ocasións na historia do jazz as obras concibidas, compostas e editadas para un trío de jazz son arranxadas polo propio compositor para interpretalas en conxunto cunha Orquestra Sinfónica e cun trío de jazz orixinal.

Galego

Concerto de Xan Campos Trío

O trío está composto por Xan Campos (piano), Horacio García (contrabaixo) e Iago Fernández (batería).

Ao longo dos últimos anos, Xan Campos actuou en numerosos Festivais e salas importantes e compartiu escenario e estudio de gravación con varios dos intérpretes máis recoñecidos do panorama jazzístico internacional como Ambrose Akinmusire, Walter Smith III, Logan Richardson, Marcus Strickland, Lage Lund, Marcus Gilmore, Perico Sambeat, Jordi Rossy ou Matt Brewer.

Galego

Concerto de Néstor Pardo

Néstor Pardo: guitarra, voz; Miguel Martínez: contrabaixo; Adrián Seijas: batería.

Néstor Pardo forma a súa primeira banda no 2004 con só dezanove anos. Con The Allnight Workers grava dous álbums nos estudios Lightning Recordings de Berlín que publica o selo Grabaciones De Impacto. Xiran por toda Europa e o seu prestixio increméntase a cada novo paso, son así incluídos en varios festivais, tanto de jazz como de rock & roll. The Allnight Workers convértense na banda europea de Lala Brooks (The Crystals).

Galego

Concerto de César Latorre Trío

Cesar Latorre, nacido en Gijón en 1979. Diplomado en piano clásico y jazz, ha estudiado en España, Holanda, Alemania y Estados Unidos.

César Latorre Trío fue creado en 2005 en Amsterdam, Holanda, por tres grandes amigos y compañeros de estudios, el pianista español César Latorre, el contrabajista griego, establecido en Nueva York, Petros Klampanis y el batería letón Artis Orubs.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz