Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Kevin Hays New Day Trío

O New Day Trío é un grupo de jazz composto polo baixista Rob Jost, o batería Greg Joseph e por último o lendario Kevin Hays, un pianista estadounidense mundialmente coñecido que, ademais de ocuparse do piano, é a voz do grupo. Este artista nace en 1968 e se dedica á música desde moi pequeno. Despois descobre novas técnicas na Manhattan School of Music.

Galego

Abe Rábade e Virxilio da Silva: Homenaxe a Bill Evans e a Jim Hall

Virxilio da Silva é un guitarrista de jazz galego nado en Portonovo formado en jazz na escola ESMAE de Porto. Da Silva é actualmente líder da agrupación SOS trío, cos que publicou o disco Underground St.

Abe Rábade é un compositor e pianista santiagués especializado en jazz e coñecido por ser o líder da agrupación Abe Rábade Trío.

Galego

The Alley Stompers

The Alley Stompers é unha banda creada en 2015 que ofrecerá unha sesión de swing no marco do festival. The Alley Stompers recrea o estilo da música da América sureña dos anos vinte, época dourada do jazz. Para iso, nutren a súa música de estilos rítmicos como o dixieland, o swing ou o shuffle.

Galego

Rossy & Kanan Quartet

O batería, trompetista e compositor catalán Jorge Rossy acode ao festival Nigránjazz coa agrupación Rossy & Kanan Quartet, da que tamén forma parte o pianista estadounidense Michael Kanan.

Ademais deste proxecto común, ambos músicos lideran outras agrupacións e teñen outros proxectos en solitario. Recentemente Jorge Rossy publicou o disco Ivlianus Suite, que constitúe o début da agrupación Jordi Rossy Quintet. Doutra banda, Michael Kanan publicou hai pouco o seu disco Dreams and Reflections, froito da súa colaboración co músico Nat Su.

Galego

Gonçalo Leonardo Quartet

O contrabaixista e compositor portugués Gonçalo Leonardo actuará no XI Nigránjazz acompañado do cuarteto que lidera, do que tamén forman parte André Matos (guitarra), Yago Vázquez (piano) e Tommy Crane (batería).

Gonçalo Leonardo graduouse en 2012 na Escola Superior de Música de Lisboa en jazz. Desde ese ano formou parte de diversas formacións como Zé Soares Trio Nine Ways, Pensão Flor, Reunion Jazz Big Band ou a orquestra Jorge Costa Pinto.

O último traballo do cuarteto é o disco East 97th, publicado o 3 de xullo de este mismo ano.

Galego

Yuvisney Aguilar

O polifacético percusionista Yuvisney Aguilar debuta no Festival ImaxinaSons cun concerto homenaxe ao recentemente falecido Gonzalo Villar, un importante promotor da música en directo na cidade de Vigo.

Yuvisney iniciouse na música en Cuba á curta idade de 6 anos grazas a un proxecto comunitario. Tras estudar percusión na Escola Vocacional de Arte Pedro Raúl Sánchez, entre o ano 2000 e o 2004 especializouse en percusión afro-cubana realizando varios cursos impartidos polo prestixioso percusionista Lázaro Pedroso.

Galego

Xan Campos ESD

Xan Campos presenta o seu novo traballo no ImaxinSons ESD (Free Code, 2016).

Neste novo traballo participa un cuarteto eléctrico con dúas guitarras e Xoán Campos encárgase dos teclados e sintetizadores para darlle o seu estilo rockeiro pero sen renunciar ao jazz.

Os compoñentes do grupo son:

Virxilio Da Silva (guitarra)
Wilfried Wilde (guitarra)
Xan Campos (teclados)
Iago Fernández (batería)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz