The Wild festival 2021
A terceira edición de The Wild, festival promotor da defensa da natureza celebrado na comarca de Vigo, xa está de novo en marcha. Deste xeito, o 4 e 5 de setembro, o Parque Forestal de San Miguel de Oia acollerá esta cita multidisciplinar na que se poderá gozar de actividades lúdicas, deportivas e de concienciación.
¿O obxectivo? “Converterse, un ano máis, nun espazo integrador no que pasar unha xornada diferente, apreciando a natureza e respectando o medio ambiente” afirma Juan Pablo Pérez, director de The Wild.

