Historia de una gaviota y el gato que le enseñó a volar
Unha fermosa adaptación para os máis pequenos da coñecida novela Historia dunha gaivota e o gato que a ensinou a voar de Luís Sepúlveda, contada con títeres. Unha gaivota é atrapada por unha marea negra, antes de morrer, usa as súas últimas forzas para poñer un ovo en presenza dun gato, que consegue comprometerse a coidalo e ensinarlle a voar. Tarefa difícil para un gato! Veremos as aventuras que ambos personaxes terán que pasar para conseguilo ...

